
Formacións
PLAN CORRESPONSABLES FEMUPO
O obxectivo destas formacións é crear unha bolsa de emprego de mulleres no ámbito dos coidados a nenos, nenas e adolescentes; mellorar as sua empregabilidade e facilitar a acreditación das competencias vinculadas á
CUALIFICACIÓN PROFESIONAL 2.SSC853_2
ATENCIÓN A PERSOAS CON NECESIDADES DE COIDADOS NO SEU ENTORNO COTIÁ
EXECUCIÓN DAS ACCIÓNS FORMATIVAS

METODOLOXÍA
A metodoloxía será práctica e aplicada a situacións reais de coidado, participativa e baseada na experiencia directa das participantes, seguindo unha avaliación continua por competencias ao longo de todo o proceso, e coa integración transversal da igualdade e coeducación.

MODALIDADE
A impartición realizarase en modalidade semipresencial, incorporando a aula virtual como ferramenta para facilitar o acceso das mulleres do rural e cunha sesión presencial inicial, unha sesión de seguimento e a sesión final de repaso e entrega da certificación acreditativa.

PRAZOS
A execución temporal das tres unidades formativas desenvolverase dende xullo até outubro 2026, periodo durante o cal a aula virtual permanecerá dispoñible de xeito continuo para garantir a flexibilidade e accesibilidade a todas as participantes.
UNIDADE DE COMPETENCIA UC2807_2
Neste módulo vinculado á unidade de competencia da cualificación profesional 2.SSC853_2, atenderás necesidades de alimentación, hixiene persoal, vestido, promoción da autonomía e acompañamento da persoa coidada NNA (nena, neno, adolescente) non dependente.
CONTIDOS FORMATIVOS: 150 horas
Infancias e adolescencias: marco xeral (30 horas)
Alimentación sa e saudable (40 horas)
Habilidades de autonomía e interdependencia (20 horas)
Hixiene persoal, vestido e autocoidado (20 horas)
Acompañamento nas tarefas escolares (20 horas)
Formación en valores e igualdade (20 horas)
OFRECEMOS MÁIS QUE FORMACIÓNS
Ofrecemos oportunidades para mellorar as competencias, abrir camiños profesionais e empoderar ás persoas.
ELÍXETE
UNIDADE DE COMPETENCIA UC1868_2
Neste módulo vinculado á unidade de competencia da cualificación profesional 2.SSC853_2, aprenderás a aplicar técnicas e recursos educativos de animación no tempo libre e de educación non formal.
CONTIDOS FORMATIVOS: 120 horas
Animación e pedagoxía do xogo (20 horas)
Técnicas de creatividade e expresión (20 horas)
Educación ambiental e actividades no medio natural (40 horas)
Educación para a saúde e prevención de riscos (40 horas)
CONSTRUIMOS MÁIS QUE COÑECEMENTOS
Construímos sociedades máis equitativas e colaborativas, un ambiente máis saudable e satisfactorio tanto na vida persoal como profesional.
TOMA ACCIÓN
UNIDADE DE COMPETENCIA UC0272_2
Neste módulo vinculado á unidade de competencia da cualificación profesional 2.SSC853_2, recibirás formación dirixda a asistir como primeira intervinte en caso de accidente ou emerxencia.
CONTIDOS FORMATIVOS: 60 horas
Valoración inicial da persoa accidentada (10 horas)
Soporte vital básico (25 horas)
Atención en emerxencias sen parada cardiorrespiratoria (20 horas)
Apoio psicolóxico en emerxencias (5 horas)
A CORRESPONSABILIDADE NON É UNHA TAREFA INDIVIDUAL
As formacións van dirixidas principalmente ás mulleres para promover a súa profesionalización e mellorar as condicións nun sector que xa vimos amplamente feminizado, pero o traballo de transformación recae en todas as persoas e institucións como axentes sociais responsables do cambio.
É UN PROXECTO COLECTIVO
Tamén é tarefa dos rapaces e homes formarse para informar.


