top of page
estudio_edited.jpg

Formacións

PLAN CORRESPONSABLES FEMUPO

O obxectivo destas formacións é crear unha bolsa de emprego de mulleres no ámbito dos coidados a nenos, nenas e adolescentes; mellorar as sua empregabilidade e facilitar a acreditación das competencias vinculadas á

CUALIFICACIÓN PROFESIONAL 2.SSC853_2 

ATENCIÓN A PERSOAS CON NECESIDADES DE COIDADOS NO SEU ENTORNO COTIÁ

EXECUCIÓN DAS ACCIÓNS FORMATIVAS

Image by Justin Morgan

METODOLOXÍA

A metodoloxía será práctica e aplicada a situacións reais de coidado, participativa e baseada na experiencia directa das participantes, seguindo unha avaliación continua por competencias ao longo de todo o proceso, e coa integración transversal da igualdade e coeducación.

Portátil en rosa

MODALIDADE

A impartición realizarase en modalidade semipresencial, incorporando a aula virtual como ferramenta para facilitar o acceso das mulleres do rural e cunha sesión presencial inicial, unha sesión de seguimento e a sesión final de repaso e entrega da certificación acreditativa.

Calendario de mano

PRAZOS

A execución temporal das tres unidades formativas desenvolverase dende xullo até outubro 2026, periodo durante o cal a aula virtual permanecerá dispoñible de xeito continuo para garantir a flexibilidade e accesibilidade a todas as participantes.

UNIDADE DE COMPETENCIA UC2807_2

Neste módulo vinculado á unidade de competencia da cualificación profesional 2.SSC853_2, atenderás necesidades de alimentación, hixiene persoal, vestido, promoción da autonomía e acompañamento da persoa coidada NNA (nena, neno, adolescente) non dependente.

Coidado (web).png

CONTIDOS FORMATIVOS: 150 horas

Infancias e adolescencias: marco xeral (30 horas)

Alimentación sa e saudable (40 horas)

Habilidades de autonomía e interdependencia (20 horas)

Hixiene persoal, vestido e autocoidado (20 horas)

Acompañamento nas tarefas escolares (20 horas)

Formación en valores e igualdade (20 horas)

OFRECEMOS MÁIS QUE FORMACIÓNS

Ofrecemos oportunidades para mellorar as competencias, abrir camiños profesionais e empoderar ás persoas.

ELÍXETE

UNIDADE DE COMPETENCIA UC1868_2

Neste módulo vinculado á unidade de competencia da cualificación profesional 2.SSC853_2, aprenderás a aplicar técnicas e recursos educativos de animación no tempo libre e de educación non formal.

Animación (web).png

CONTIDOS FORMATIVOS: 120 horas

Animación e pedagoxía do xogo (20 horas)

Técnicas de creatividade e expresión (20 horas)

Educación ambiental e actividades no medio natural (40 horas)

Educación para a saúde e prevención de riscos (40 horas)

CONSTRUIMOS MÁIS QUE COÑECEMENTOS

Construímos sociedades máis equitativas e colaborativas, un ambiente máis saudable e satisfactorio tanto na vida persoal como profesional.

TOMA ACCIÓN

UNIDADE DE COMPETENCIA UC0272_2

Neste módulo vinculado á unidade de competencia da cualificación profesional 2.SSC853_2, recibirás formación dirixda a asistir como primeira intervinte en caso de accidente ou emerxencia.

Primeiros Auxilios (web).png

CONTIDOS FORMATIVOS: 60 horas

Valoración inicial da persoa accidentada (10 horas)

Soporte vital básico (25 horas)

Atención en emerxencias sen parada cardiorrespiratoria (20 horas)

Apoio psicolóxico en emerxencias (5 horas)

A CORRESPONSABILIDADE NON É UNHA TAREFA INDIVIDUAL

As formacións van dirixidas principalmente ás mulleres para promover a súa profesionalización e mellorar as condicións nun sector que xa vimos amplamente feminizado, pero o traballo de transformación recae en todas as persoas e institucións como axentes sociais responsables do cambio.

É UN PROXECTO COLECTIVO

Tamén é tarefa dos rapaces e homes formarse para informar.

Como puntuarías a oferta formativa do Plan Corresponsables Femupo?

Esta iniciativa levase a cabo en desenvolvemento do Plan Corresponsables.

Cofinanciado polo Plan Corresponsables, Ministerio de Igualdad, Gobierno de España e pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia.

© 2023 Creado por el Proyecto Voz con Wix.com

bottom of page